DOCENCIA DE LA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA EL EMPLEO (SSCE0110)

Horario: 
09:00 a 14:00
Plazas: 
15
Modalidad: 
Presencial
Duracion: 
398h
Lugar de imparticion: 
Centro de Formación Praxis, C/ San Vicente 25 entlo. A Coruña
Descripcion: 

      

 

Dende o Centro de Formación Praxis estamos levando a cabo un Cetrificado de Profesionalidade de nivel 3 de DOCENCIA DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO SSCE0110, dirixido ás persoas novas inscritas no Ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta acción formativa está enmarcada no eixe 5 do programa operativo emprego xuvenil FSE 2014-2020, que se beneficia dunha achega extraordinaria da UE para iniciativa de emprego xuvenil e que ten unha porcentaxe de cofinanciamento do 91,89 %, no que participa o Goberno da Xunta de Galicia.

Así mesmo, inclúese dentro do obxectivo temático (OT8) destinado a promover a sustentabilidade e calidade do emprego e favorecer a mobilidade laboral, na prioridade de investimento (8.2) (Reforzar a integración sustentable no mercado de traballo das persoas novas, en particular daquelas sen traballo e non integradas nos sistemas de educación ou formación, así coma das persoas novas que corran riscos de sufrir exclusión social e das procedentes de comunidades marxinais, tamén a través da aplicación da garantía xuvenil). Obxectivo específico 8.2.2 (Reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas novas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación) para a mellora da empregabilidade.

O obxectivo último desta acción formativa é acadar un bos resultados con respecto á mellora da empregabilidade das persoas novas, aumentar e/ou adecuar o seu nivel de formación con respecto ao mercado laboral.

Acción formativa dirixida ás persoas novas inscritas no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Operación Cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020, co obxetivo prindicpal de conseguir formación e un emprego de calidade

 DOCENCIA DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO SSCE0110

¿PARA QUÉ ME SIRVE?

Este certificado de profesionalidade permitirate desenvolver a túa actividade profesional dentro do ámbito público e privado como docente en cursos de formación para o emprego, tanto nos dirixidos a traballadores/as en activo como os que se dirixen a persoas desempregadas. 

DATAS EHORARIOS: do 10 de XANEIRO ó 8 de MAIO de 2018. Será impartido de luns a venres en horario de 9 a 14 horas e será íntegramente presencial.

MÓDULOS

O certificado de profesionalidade de Docencia de la Formación para o Emprego ten una duración total de 380 horas que se dividen en módulos siguientes máis 18 horas de módulos transverais:

MF1442_3: Programación didáctica de accións formativas para o emprego

60

 

 

10/01/18 – 25/01/18

MF1443_3: Selección, elaboración, adaptación e utilización de materiales, medios e recursos didácticos en formación profesional para el emprego

90

 

 

26/01/18 – 21/02/18

MF1444_3: Impartición e titorización de accións formativas para o emprego

120

UF1645: Impartición de acciones formativas para el empleo

70

22/02/18 – 14/03/18

UF1646: Tutorización de acciones formativas para el empleo

30

15/03/18 – 22/03/18

MF1445_3: Avaluación do proceso de ensinanza-aprendizaxe en formación profesional para o emprego

60

 

 

23/03/18 – 11/04/18

MF1446_3: Orientación laboral e promoción da calidade na formación profesional para o emprego

30

 

 

12/04/18 – 19/04/18

 

MÓDULO DE FORMACIÓN PRÁCTICA NOS CENTROS DE TRABALLO

HORAS DO MÓDULO

DATAS DE REALIZACIÓN

MP0353: Módulo de prácticas profesionais non laborais

40

20/04/18 – 02/05/18

 

FCOO03: INSERCIÓN LABORAL, SENSIBILIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL E NA IGUALDADE DE XÉNERO

10

03/05/18 – 04/05/18

FCOXXX24:Formación para a igualdade

8

07/05/18 – 08/05/18

 

¿QUÉ REQUISITOS TEÑO QUE CUMPLIR PARA PODER REALIZAR ESTE CURSO?

O curso será gratuito para aquelas persoas inscritas no Fichero do sistema nacional de garantía xuvenil.

Establécense os seguintes requisitos para inscribirse no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil:

a) Ter nacionalidade española ou ser cidadáns da Unión Europea ou dos Estados parte do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo ou Suiza que se atopen en España en exercicio da libre circulación e residencia.

Tamén poderán inscribirse os estranxeiros titulares dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar.

b) Estar empadronado en calquera localidade do territorio español.

c) Ter máis de 16 anos e menos de 25, ou menos de 30 anos, no caso de persoas cun grado de discapacidad igual ou superior ao 33 por cento, no momento de solicitar a inscripción no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, ou ter máis de 25 anos e menos de 30 cando, no momento de solicitar a inscripción no fichero do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, a taxa de desemprego deste colectivo sexa igual ou superior ao 20 por cento, segundo a Enquisa de Poboación Activa correspondente ao último trimestre do ano.

d) Non traballar no día natural anterior á data de presentación da solicitude.

e) Non recibir accións educativas no día natural anterior á data de presentación da solicitude.

f) Non recibir accións formativas no día natural anterior á data de presentación da solicitude.

g) Presentar unha declaración expresa de ter interese en participar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, adquirindo un compromiso de participación activa nas actuacións que se desenvolvan no marco da Garantía Xuvenil. No caso dos demandantes de emprego bastará co seu inscripción nos servizos públicos de emprego.

Para os supostos de persoas en risco de exclusión social, debidamente acreditados mediante certificado dos servizos sociais pertinentes, e/ou discapacidad recoñecida igual ou superior ao 33 por cento, poderase solicitar a inscripción de forma non telemática mediante presentación de formulario habilitado para tal propósito polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social nas oficinas de rexistro da Administración Xeral do Estado e das comunidades autónomas e das entidades establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Todo iso tramitado na súa oficina de emprego

Ademais deberá cumprir algún dos seguinte requisitos de acceso aos certificados de profesionalidad de nivel 3:

- Estar en posesión do título de Bachillerato (LOE) ou equivalente:

  • Bachillerato LOGSE
  • COU
  • PREU
  • BUP
  • 2º curso do Bachillerato experimental da Reforma dos Ensinos Medios (REM).
  • Técnico Superior (Ciclo formativo de grado superior)
  • Técnico especialista (FP2)
  • Título de Perito Mercantil.
  • Bachillerato Superior do Plan do 63.
  • Técnico Superior de Artes Plásticas e deseño (segundo especialidade cursada).
  • Técnico Deportivo Superior (segundo modalidade).
  • Mestre Industrial.
  • Graduado en Cerámica e Artes Plásticas.

- Estar en posesión dun certificado de profesionalidad de nivel 3.
- Estar en posesión dun certificado de nivel 2 da mesma familia e área profesional.
- Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grado superior, ou ben superar as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
- Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos.
- Ter as competencias crave necesarias de nivel 3, que organice a administración, para cursar con aprovechamiento a formación correspondente ao certificado de profesionalidad (Anexo IV RD. 189/2013, de 15 de marzo).